Recoñecemento da experiencia profesional

O Diario Oficial de Galicia (DOG nº 226) publica o 27 de novembro unha nova convocatoria parav acreditar a experiencia profesional dos traballadores galegos. Trátase de 1.800 novas prazas e un total de 11 cualificacións.
Como novidade este ano incúense dúas cualificacións: Instructor en ioga e Vixilancia e seguridade privada.

As 11 cualificacións son as seguintes:
  • Atención sociosanitaria persoas no domicilio: 300 prazas
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institución sociais: 250 prazas
  • Socorrismo en espazos acuáticos naturais: 200 prazas
  • Socorrismo en instalacións acuáticas: 200 prazas
  • Extinción de incendios e salvamento: 150 prazas
  • Servizos para o control de plagas: 75 prazas
  • Docencia de formación para o emprego: 100 prazas
  • Operacións de vixilancia e extición de incendios forestais e apoio a continxencias no medio natural e rural: 150 prazas
  • Confección deartes e aparellos: 75 prazas
  • Instrucción en ioga: 150 prazas
  • Vixilancia e seguridade privada: 150 prazas

O prazo de inscripción é dende o día 28 de novembro ata o día 27 de decembro de 2019, ambos incluídos.

Para máis información poden consultar na páxina web da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no portal de Emprego:
https://ceei.xunta.gal/recursos/temas-de-interese/c/Formacion-ocupacional-e-continua?content=topic_0146.html

Compartir esta página